Abre a convocatoria de axudas para produción escénica

A AGADIC completa con esta as tres liñas de axudas que anunciou recentemente

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria de subvencións á produción escénica, que están dotadas con 600.000 euros. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) apoia con esta liña o desenvolvemento de proxectos escénicos de teatro, monicreques, danza, maxia ou novo circo. O texto establece categorías de proxectos novas empresas, cun orzamento máximo de 20.000 euros, espectáculos de pequeno formato (ata 30.000), mediano formato (60.000) e grande formato (80.000). As subvencións cubrirán ata o 85% do custo das primeiras e ata o 75% das demais. A AGADIC anunciara a finais do pasado mes de febreiro a publicación de tres liñas de axudas que se completan con esta convocatoria. As solicitudes para estas axudas poderán facerse ao longo dun mes a partir de mañá, día 5 de marzo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Axencia Galega das Industrias Culturais