A Axencia Galega das Industrias Culturais publica hoxe no seu web a resolución das Subvencións á Produción Escénica, que estaban dotadas con 600.000 euros para esta convocatoria. Segundo a listaxe que proporciona a Agadic, un total de 31 compañÃas distribuirán orzamento, que se distribúe entre 2017 e 2018. TalÃa Teatro, co seu proxecto O servidor de dous amos será a máis beneficiada da convocatoria, xa que recadará 55.586 euros para a única produción de grande formato que se presentou. Sarabela e Vallés & Patiño (Matarile Teatro) son as seguintes que reciben máis apoio, con 39.784 euros para O rei morre e 38.275 para Circo de pulgas respectivamente, dúas obras de mediano formato. Nas propostas de menor tamaño destacan As botas de Elefante Elegante, que recibirá 20.811 euros, e mais A canción do elefante de Redrum, que obtén 19.483. Finalmente, no ámbito de nova creación son Baobab Teatro, con Tifón (15.750 euros) e Diana Mera, de AporÃa Teatro, que leva 14.445 euros para 6 cubos negros en corpo branco, as que encabezan as axudas.