Un total de 510.000 euros apoiarán a produción escénica de 27 compañías galegas entre 2013 e 2014 (100.000 este ano e 410.000 o vindeiro). A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer onte a resolución da súa liña de subvencións á actividade escénica. Viaxe ao país dos ananos de Chévere, é o único proxecto de grande formato que recibe axuda, con máis de 50.000 a repartir entre este ano e o seguinte. Sarabela, con 42.000 euros para A idade da pavía, Abrapalabra, con 6.900, Excéntricas, que recibe 41.985 para a montaxe de Da Vinci tiña razón!, Malasombra, con 12.307, e Pistacatro, que leva 36.806 para Íntimo son as compañías que reciben axudas para espectáculos de mediano formato.
Canda a elas reciben axudas económicas dez obras de pequeno formato cos 20.300 euros de A figueira do demo de Titeres Cachirulo á cabeza, cinco espectáculos de compañías de recente creación, entre os que destacan os 12.515 euros concedidos ao Amor flexible de Redrum Producións e seis de novas tendencias. Entre estas destacan pola súa contía o proxecto de Teatro Ensalle, No deberíamos salir nunca de aquí, dotado con 20.950 euros, Avestruz en terra allea de Berrobambán, que leva 18.932 e Pulp de Ignacio Vilariño Sanmartin, que recibe 18.868 euros de apoio.
Resolución das subvencións á actividade escénica de AGADIC en 2013.Canda a elas reciben axudas económicas dez obras de pequeno formato cos 20.300 euros de A figueira do demo de Titeres Cachirulo á cabeza, cinco espectáculos de compañías de recente creación, entre os que destacan os 12.515 euros concedidos ao Amor flexible de Redrum Producións e seis de novas tendencias. Entre estas destacan pola súa contía o proxecto de Teatro Ensalle, No deberíamos salir nunca de aquí, dotado con 20.950 euros, Avestruz en terra allea de Berrobambán, que leva 18.932 e Pulp de Ignacio Vilariño Sanmartin, que recibe 18.868 euros de apoio.