As axudas de AGADIC á actividade escénica chegan a 26 espectáculos

Incrementaron a súa contía en 90.000 euros respecto da anterior convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un total de 600.000 euros distribuiranse en 2014 e 2015 entre vinte e seis espectáculos no marco das subvencións á actividade escénica. A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer onte a resolución desta convocatoria, que incrementou o seu orzamento en 90.000 euros fronte aos 510.000 euros do pasado ano, logo de varios recortes sucesivos na contía. A montaxe A tempestade de Voadora é a que obtén máis axudas, con 50.000 euros de apoio na categoría de grande formato. Séguena Kaasa de Elefante Elegante e mais Pequenas certezas de Sarabela, xa en mediano formato.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sarabela, Axencia Galega das Industrias Culturais, Elefante Elegante, Voadora...