O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria das subvencións á produción escénica para 2014. A orde recolle un incremento da contía destas axudas, que pasan dos 510.000 euros que se concederon na anterior convocatoria aos 600.000 na actual. O orzamento distribuirase entre este ano (200.000 euros) e o 2015 (400.000) e atende á producións de compañías novas e a montaxes de pequeno, mediano e grande formato. Na resolución teranse en conta factores como a facturación e a carreira da compañía, o número de actores que participan, as propostas de promoción ou o traballo sobre textos de autores galegos.
Medran as axudas á produción de artes escénicas
A convocatoria que sae hoxe no DOG distribuirá 600.000 euros en dúas anualidades
28 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Montaxes
Claves
Conceptos