A vindeira produción de grande formato da compañÃa Voadora, o Soño dunha noite de verán de Shakespeare, contará con 53.177 euros da axudas á produción escénica que acaba de facer públicas a Axencia Galega das Industrias Culturais. A montaxe é que a obtivo unha maior contÃa nesta convocatoria, que distribúe un total de 600.000 euros entre vinte e nove producións. Canda a ela, na categorÃa de proxectos de grande formato, recibirán 50.565 euros A cabeza do dragón, de Producións Teatráis Excéntricas, 48.344 euros O tolleito de Inishman, de Contraproducións e 44.480 Ubú Rei, de TalÃa Teatro.
En canto a propostas de mediano formato, obtiveron fondos desta convocatoria Normas para saber vivir na sociedade actual, de Sarabela Teatro (37.925 euros); Tropical, de Elefante Elegante (36.897 euros); Estado de graza, de Teatro do Noroeste (33.149 euros), Get Back, de Emedous (31.675 euros); O caso é ter saúde, de Malasombra (16.580 euros),e o proxecto de novo circo Outono, de Pistacatro Produtora de Soños (28.137 euros).