O web da Axencia Galega das Industrias Culturais publica hoxe a resolución das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega. En total doce producións repartirán a partida de 175.000 euros da convocatoria entre este e o vindeiro ano. As longametraxes cinematográficas foron as máis beneficiadas pola convocatoria, con nove proxectos deste tipo. Entre eles, atópase á cabeza do financiamento mediante estas axudas Tempo vertical de Zeitun Films, que obtivo unha axuda de 18.693 eruos. Séguena a pouca distancia Dragal de Ficción Producións e mais Ningún deus aquà arriba, ambas con 16.918 euros, e Maldita memoria, Xamalú, que obtivo 16.817 euros.
Canda ás producións para cinema, só dúas longametraxes e miniseries para televisión obtiveron axudas. Fisterra de Portocabo TV leva 14.086 euros, mentres Catalina de Aragón de Zenit Televisión obtivo 15.206. Pola súa banda, o piloto do programa Os minifilmes de Matriuska obtivo 8.566, sen que ningunha proposta de series de animación se vise beneficiada desta liña.
A comisión de selección dos beneficiados por estas axudas estivo composta por Jacobo Sutil, director da AGADIC, Amali Mato, Juan José Lesta Pérez e mais MarÃa Dolores MeijomÃn, con MarÃa Pilar RodrÃguez a actuar como secretaria.
Resolución das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega.Canda ás producións para cinema, só dúas longametraxes e miniseries para televisión obtiveron axudas. Fisterra de Portocabo TV leva 14.086 euros, mentres Catalina de Aragón de Zenit Televisión obtivo 15.206. Pola súa banda, o piloto do programa Os minifilmes de Matriuska obtivo 8.566, sen que ningunha proposta de series de animación se vise beneficiada desta liña.
A comisión de selección dos beneficiados por estas axudas estivo composta por Jacobo Sutil, director da AGADIC, Amali Mato, Juan José Lesta Pérez e mais MarÃa Dolores MeijomÃn, con MarÃa Pilar RodrÃguez a actuar como secretaria.