AGADIC resolve as axudas á produción audiovisual

Distribúen 1.100.000 euros en tres anualidades entre nove proxectos

23/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O web da Axencia Galega das Industrias Culturais recolle hoxe a resolución das subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístiico e cultural. A convocatoria distribúe un total de 1.100.000 euros en tres anualidades entre 19 proxectos audivisuais do noso país. A longametraxe O descoñecido de Vaca Films foi a recibiu unha maior contía, con 281.148 euros, seguido de El club de los incomprendidos de Bambú Producciones, que se fixo cunha axuda de 252.694. A adaptación da novela A praia dos afogados conseguiu pola súa banda 208.078 euros. Na lista de axudas atópanse tamén proxectos documentais sobre o Sil, as Ultranoites da NASA, o grupo Nove, as escolas unitarias ou a monxa Exeria, considerada a primeira peregrina.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Lingua galega, Escolas, Exeria...