A páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais recolle hoxe a resolución da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega. Un total de once producións reparten os 200.000 euros das axudas, dos cales 25.000 corresponden a este ano e os restantes a 2018. As axudas distribúense en cadanseus 20.000 euros para os filmes de ficción O vello e o can da produtora Caladiño, Veinte de Vaca Films, Melita, de Abano Producións, Tres flores sen piedade de CTV, Unha casa en Amargura de Ficción Producións, Ultramar de Vaca Films, Garbo, o espÃa que enganou a Hitler de Portocabo TV e mais After de Frida Films.
O proxecto de animación Cores de Ladybug Films, recibirá a mesma contÃa, mentres os documentais Kevin vs. Ray de Pulsa Control Z e Letters through the wall de Alfonso Vázquez Cortizo contan cun apoio de 10.000 euros cada un. Na convocatoria non resultou escolleita ningunha proposta na categorÃa de episodios piloto de series de televisión. A comisión de valoración estivo presidida por Jaime Pena Pérez con MarÃa Josefa Formoso Barro, Sabela Pillado Villaronga e Domingo Ramón Pérez Lemos como vogais e MarÃa Dolores MeijomÃn RodrÃguez a actuar como secretaria.