AGADIC resolve as axudas ao desenvolvemento audiovisual

Seis longametraxes, tres documentais e unha película de televisión reparten 150.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Dez producións doutras tantas empresas galegas reparten os 150.000 euros das axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega que acaba de fallar a Axencia Galega das Industrias Culturais. En total trátase de seis novas longametraxes de ficción, tres documentais e unha película de televisión. Migas de pan de Xamalú Filmes, Cen anos de perdón de Vaca Films, A estación violenta de Matriuka Producións, Juana de Vega e a alumna da liberdade de Zenit Televisión ou El secreto de Santa Marta de Camariñas de Dos Treinta y Cinco son algunhas das que recibiron maiores axudas.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Juana de Vega, Lingua galega, Vaca Films...