A TVG apoiará sete novas producións audiovisuais

Trátase de tres longametraxes, dúas películas para televisión e dous documentais

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un total de sete novas producións audiovisuais contarán coa participación da Televisión de Galicia no seu desenvolvemento. A Comisión Directiva de Programación da entidade aprobou a colaboración nun total de tres longametraxes, dúas películas para televisión e dous documentais. No campo das longas, serán Migas de Pan, de Xamalú Filmes, Sol e Lúa, de Ézaro Films e mais Arima, de Esnatu Zinema, que dirixida por Jaione Camborda inclúe un equipo técnico totalmente galego. En canto a filmes para televisión, apoiaranse Juana de Vega e mais Fillos do sol de Portocabo. Finalmente, os documentais que contarán con colaboración da TVG serán A Lucenza de Quessada de Adivina Producciones e a dupla proposta Mais ca vida e Vida. Este último proxecto conxuga un documental sobre a integración de persoas con discapacidade intelectual cunha curtametraxe de ficción que amosa a loita deste colectivo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, TVG, Jaione Camborda, Juana de Vega...