A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) publicou a resolución das axudas a produción audiovisual, tanto para longametraxes de ficción como audiovisuais, para a que destinou un investimento de dous millóns de euros, similar á do ano anterior, aínda que este ano o número de producións subvencionadas pasa de trece a dezasete. En total serán seis longametraxes de ficción (incluída unha de animación), seis documentais, catro curtametraxes e unha serie de televisión.
Na modalidade de longametraxes de ficción, subvenciónase con 234.205 euros Dibujos animados (Honeymoon), presentado por Pulsa Control Z e con dirección de Enrique Otero. Esta mesma contía é a que recibirá María Solinha, de Vía Láctea Filmes e dirección a cargo de Ignacio Vilar. Os restantes tres títulos desta categoría son O corpo aberto, de Ollo Vivo e dirección de Ángeles Huerta; Tres, proxecto da AIE Tres La Película Frida Nair, e San Simón, da produtora Miramemira. Cada un deles percibirá 253,722 euros, idéntica cantidade adxudicada á única fita de animación beneficiaria: O meu avó, da AIE Caretos Films.
En canto ao xénero documental, son outras seis longas as adxudicatarias: Os días calados do Sr. Stevens, de Matriuska Producciones con dirección de César Souto; Onde máis doe, de Xamalú Filmes con dirección de Manane Rodríguez; Nación, retrato de Martina, de Nós Produtora Cinematográfica Galega con dirección de Margarita Ledo; A Virxe Roxa, de Recrea Filmes con dirección de Marcos Nine; Alén da Terra, de Somadrome Films con dirección de Ruth Chao, e Kevin vs Ray, de Pulsa Control Z con dirección de Eduardo Herrero e Manuel Lemos. A cada un dos catro primeiros títulos adxudicóuselles 78.068 euros, en tanto que os dous últimos terán por esta canle de apoio 58.551 euros.
No apartado de formatos para televisión, Tres flores sen piedade, serie de CTV para Televisión de Galicia, baixo a dirección de Juan Galiñanes, recibirá 253,722 euros.