Dezaseis novas películas e series recibirán axudas para iniciar a súa produción

Publícase a adxudicación da convocatoria de axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, dotada con 260.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Xunta de Galicia publica hoxe na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a adxudicación da convocatoria anual de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, a través da que achega 260.000 euros aos traballos de preprodución de 16 futuras películas e series para cinema e televisión. As propostas beneficiarias de 2019 son sete novas longametraxes de ficción, tres series e miniseries televisivas, catro documentais e dous traballos de animación. Entre os títulos beneficiarios, atópanse os filmes Océano titánico, de Frida Films; As escravas da Casa Salvañach, de Xamalú Filmes; Sinais, de Vizuals Lab; A parra, de Filmika Galaika; As neves, de Cósmica Producións; Starmucks, de Gaitafilmes, e O corno do centeo, de Esnatu Zinema, así como as series Sofía Casanova, obreira do pensamento, de Zenit Televisión; Dante, de CTV, e Tagdemonium, de Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas, na modalidade A para proxectos de ficción cinematográficos e televisivos. Na categoría B para animación, recibirán axuda a serie Súper Valentina, de Abano Producións, e a longametraxe O labirinto de pedra, unha aventura en Santiago de Compostela, de Producións A Fonsagrada. Por último, na modalidade C para documentais obtiveron apoio Dúas vellas, sete gatos, tres máquinas de coser e María Casares: a muller que viviu mil vidas, de Agallas Films; O tempo do lume, de Madre Films, e A muller borrada, de Cósmica Producións.

A través desta liña de subvencións, acompáñase as produtoras na preprodución dos devanditos títulos, cos que nos anos seguintes poderán optar ás convocatorias da Xunta tanto para produción e coprodución audiovisual como para a súa difusión en feiras e mostras, ademais de a outros fondos estatais e europeos.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Documentais, Cine, María Casares...