A Xunta ven de facer pública a adxudicación de 300.000 euros en axudas para o desenvolvemento de 17 novos proxectos audiovisuais de produción galega, dos que nove corresponden a longametraxes de dirección novel. Esta liña de subvencións, xestionada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para impulsar a fase de preprodución de filmes e series para cinema e televisión cara á súa rodaxe nos vindeiros anos incrementou este ano un 15% o seu orzamento respecto a 2020, de xeito que se apoian dúas propostas máis que o ano pasado. Segundo a resolución de adxudicación, mediante esta convocatoria apóianse 12 propostas de desenvolvemento na modalidade de longametraxes e series de ficción, catro na de documentais e unha de animación. Outras trinta propostas foron desestimadas para optar á subvención ao non acadar a suficiente puntuación na valoración segundo as bases.
O apoio ás carreiras de novas realizadoras e realizadores cobra peso na resolución desta convocatoria ao resultar subvencionados proxectos de ficción con equipos encabezados por realizadores que están a dar os seus primeiros pasos no ámbito das longas: As defensas, presentado por Cósmica Producións para seren dirixido por Lucía Estévez; Só o ruído pode salvarnos, con produción de Ángel Santos e Santos Díaz na realización;Vidas Perras, de Xavier Font con Giselle Llanio; A cotío, de Fronda Galega de Sonido con Noemi Chantada; Onte á noite conquistei Tebas, de Filmika Galaika con Gabriel Azorín, e as propostas de Matriuska Producciones Lía, as pedras de papel, co realizador Samuel Lema, e O pesadelo das vacas, con Rafael de los Arcos. Así mesmo, contan con dirección novel dous dos proxectos subvencionados na categoría de documentais: A barreira de cristal, de Ollo Vivo con Nerea Barros, e Nunca te rindas, de Danga Danga Audiovisuais con Marta Eiriz.
Na listaxe de proxectos apoiados están tamén as produción Tralovento, de Zeitun Films co realizador Eloy Domínguez; A lúa en setembro, de Ollo Vivo con Jorge Coira; Nus, de Voz Audiovisual con Giselle Llanio, e La noche es mía, de Vaca Films con Pedro C. Alonso, na modalidade de ficción; Xalundes, de Rebordelos con Xacio Baño, e Golpear un coloso, de Recrea Films con Marcos Nine, en documentais; e O loro de emperador, de Abano Producións con Miguel Anxo Prado e Nani García, en animación. Ademais tamén aparece, para esta fase de preprodución, a secuela da exitosa Cuñados que levará por título + Cuñados, de Portocabo TV con realización de Toño López. Entre os proxectos que quedaron fóra destas axudas, malia poder optar outras liñas diferentes das que dispón o goberno autonómico, están documentais como A costa dos naufraxios, de Vizuals Lab; María Casares, a diva estranxeira, e Maruja Mallo, a artista extravagante, ambas de Zenit Televisión; ou o filme Encallados II, secuela da película de Alfonso Zarauza, de Maruxiña Film Company.