Un total de trinta novos espectáculos de danza, teatro e novo circo reparten as subvencións á creación escénica. A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer o pasado venres 25 de maio a resolución destas axudas, coas que distribúe 650.000 euros entre nove montaxes de compañÃas de recente creación, 13 obras de pequeno formato, seis de formato medio e dous de gran formato, todas elas con data de estrea entre o pasado 1 de abril e o 31 de marzo de 2019.
En concreto, Teatro do Noroeste con Da avaricia, a luxuria e a morte, dotada cunha axuda de 50.643 euros e Os Monicreques de Kukas con Arquelina e Marchelino e 47.598 euros son as companÃas subvencionadas dentro da categorÃa de proxectos de gran formato, con máis de sete intérpretes en escena. Canda a elas, na categorÃa de mediano formato, a Agadic apoia o desenvolvemento de Mezzo, proposta de novo circo de Pistacatro Produtora de Soños, que leva 38.444 euros. Canda a este, e xa no campo do teatro, reciben subvencións Commedia, un xogete para Goldoni, de Contraproducións, con 42.498 euros; Celebración, de Sarabela Teatro, con 40.825 euros; Viñémolo dar todo, de Voadora, con 37.665; Carpe Diem, de Producións Teatráis Excéntricas, con 36.680 euros, e A leituga, de Eme2, con 27.092 euros.
Nesta xeira as axudas verificaron un incremento do 7,6 por cento a respecto do pasado ano e integraron por vez primeira un criterio de discriminación positiva para as producións de danza, de xeito que se apoiase un mÃnimo de dous espectáculos deste tipo. Os proxectos seleccionados foron Alma, coprodución de Traspediante e Duelirium, e A gala, de Licenciada Sotelo.