Agadic completa os beneficarios ás axudas das industrias culturais

Son 450.000 euros dos 1.290.000 euros que ten orzamentados na convocatoria

5/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: politicas culturais
32 lecturas | Compartido 0 veces
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) deu a coñecer a relación de beneficiarios coa que pecha as axudas deste ano 2012. Nesta ocasión publicou as listaxes da segunda quenda de adxudicacións, que supoñen 450.000 euros (dos 1.290.000 que figuraban na convocatoria) de industrias culturais. Desta volta beneficiáronse 145 proxectos de 49 empresas nas modalidades de apoio á produción escénica, acceso ao crédito bancario, actividade das salas teatrais, distribución de espectáculos e asociacionismo profesional.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas