Agadic convoca as axudas ás industrias culturais por importe de 2.290.000 euros

Como novidade, créanse subvencións á mellora técnica técnica de estudos de gravación

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Incrementar máis público, consolidar as industrias culturais e a busca da excelencia dos produtos culturais galegos. Son os obxectivos que persegue a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) cunha nova convocatoria de axuda por importe de 2.290.000 euros a repartir entre a actividade escénica (que antes distinguía entre teatro, danza e maxia e agora entre o tamaño do espectáculos), o crédito cultura, a promoción dos traballos discográficos, a distribución de espectáculos, a salas de teatro e artes escénicas privadas, o asociacionismo profesional e, como novidade, a mellora técnica de estudos de gravación. A parte central da convocatoria recae na produción de espectáculos que contará con 1.450.000 euros.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais