Cultura anula a convocatoria das axudas ao funcionamento de asociacións e fundacións

Supón a retirada de 300.000 euros de investimento

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a anulación da orde pola cal se convocaban axudas ao funcionamento de asociacións e fundacións. A Consellería de Cultura "deixa sen efecto" a convocatoria publicada no DOG do 13 de xuño, que contemplaba axudas por valor de 50.000 euros para 2011 e de 250.000 euros para 2012. Segundo a Xunta de Galicia, "con motivo da política orzamentaria, que implica o necesario equilibrio entre ingresos e gastos, resulta necesario efectuar un axuste nos créditos inicialmente asignados". O departamento de Roberto Varela sinala que esta decisión tómase "co obxectivo de cumprir a normativa en materia de estabilidade orzamentaria e déficit público".

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Roberto Varela, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos