A Xunta de Galicia ven de publicar hoxe no Diario Oficial da comunidade unha orde de ampliación do orzamento das axudas á edición, que incrementa notablemente a partida inicial en 114.000 euros. O 5 de agosto o DOG recollÃa a orde que destinaba 200.000 euros en axudas ao sector editorial para edición, distribución e comercialización de libros. Se aquela partida xa conseguÃa incrementar ata nun 20% as subvencións que os produtos editoriais podÃan obter a orde xa contemplaba a posibilidade de aumentar o importe en función das dispoñibilidades orzamentarias. A orde publicada hoxe sinala cara as consecuencias derivadas da pandemia provocada pola incidencia da COVID-19 para o sector editorial en particular como motivos que “exixen unha actuación da Administración que pasa por centrar recursos en obxectivos próximos que permitan paliar a situación deste sector e poidan acadar unha dinámica máis expansiva dentro da cultura galega”. Ademais desde a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidades aseguran que as solicitudes sobre a convocatoria desbordaron todas as expectativas. A nova partida que manexará ata 314.000 euros buscará atender o maior número posible de axudas solicitadas desde o sector editorial. Esta modificación, unha vez publicada no DOG, non implica a apertura dun novo prazo para a presentación de solicitudes polo cal só afectar´ça a aquelas solicitudes que quedaban sen subvención na convocatoria incial por falta de fondos.