Xa está aberto desde hoxe o prazo para acceder ás axudas dirixidas a que persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras poidan participar nos festivais e feiras internacionais do sector do libro que se celebren ao longo deste ano. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde pola que se establecen as bases reguladoras da subvención que estaba anunciada na reunión do Consello Asesor do Libro celebrada en febreiro. Tal e como xa se avanzou naquel momento os requisitos para poder beneficiarse destas axudas son ter asistido e participado nun festival ou feira internacional do sector do libro, acreditar o desenvolvemento da súa actividade na Comunidade Autónoma galega e ter publicado obra en Galicia e na actividade para a que solicita a subvención nos últimos tres anos. Para estas axudas, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo destina un importe de 30.000 euros para o financiamento dos gastos da viaxe referidos a aloxamento e transporte. Deste xeito, os beneficiarios recibirán un máximo de 600 euros se asisten a un festival ou feira na Unión Europea e 1.500 euros se a cita se celebra fora da UE. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes desde hoxe.