Escritores, ilustradores e tradutores que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega poderán beneficiarse un ano máis das subvencións que convoca a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade para asistir fóra de Galicia a feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadÃas creativas do sector do libro. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria dotada, ao igual que nos anteriores dous exercizos, con 30.000 euros que se destinarán a cubrir os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia ás actividades referidas do sector do libro.
Os importes de financiamento decÃdense segundo o ámbito xeográfico de destino, e teñen unha actualización á alza respecto das anteriores convocatorias, pasando dun máximo de 250 euros a cada actividade que teña lugar no resto de España ata o 400 euros nas bases actuais. No relativo á asistencia a actividades que se fagan noutros paÃses da Unión Europea sube a contÃa en cen euros chegando ata os 700 euros, mentres que se mantén un tope de ata 1.500 euros para a participación en actividades no resto do mundo. Estas axudas preséntanse por parte da ConsellarÃa como medio de favorecer a promoción do libro galego e poderán acceder a elas as persoas fÃsicas, sexan autónomas ou non, escritoras, ilustradoras e tradutoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega, que se teñan inscrito, asistido e participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro e fóra de Galicia durante este ano; que acrediten o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega e que teñan obra publicada nos tres anos anteriores a esta convocatoria.