Escritores, ilustradores, tradutores e editores poden solicitar xa as axudas da Xunta para a participación en actividades do sector do libro que teñan lugar fóra de Galicia en 2024. A ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde coas bases da convocatoria deste ano, que repite en orzamento e condicións económicas respecto á anterior, consignando 30.000 euros con este fin e permitindo contar cunha axuda de ata 500 euros para asistir a "feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadÃas creativas" a nivel estatal, que increméntase a 900 para eventos realizados no resto de Europa ou paÃses ribeiregos do Mediterráneo, e chega a 1.600 euros para actividades no resto do mundo.
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas fÃsicas, sexan autónomos ou non, ou xurÃdicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma galega, que cumpran, ademais, todos os seguintes requisitos debidamente acreditados: Terse inscrito, asistido ou participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro fóra de Galicia, no prazo establecido na presente convocatoria; acreditaren o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma galega; ter publicado obra en Galicia, polo menos unha obra, como persoa escritora, ilustradora, tradutora ou editora, para a cal se solicita a subvención, nos cinco anos anteriores á publicación da resolución no DOG.