A Xunta incorpora profesionais da edición ás axudas para asistir a feiras do libro

A convocatoria para escritores, ilustradores e tradutores está aberta ata o vindeiro 2 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Desde o pasado 11 de maio e ata o vindeiro 2 de novembro está aberta a convocatoria de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro. Esta liña de axudas da Xunta conta cun orzamento total de 30.000 euros.

A nova convocatoria presenta a novidade de incorporar ás persoas profesionais da edición a estas axudas, que ata o momento estaban limitadas a escritoras, ilustradoras e tradutoras. Cada solicitude concedida permitirá contar cunha axuda 500 euros para asistir a "feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas" a nivel estatal.

A contía increméntase a 900 para eventos realizados en Europa ou países ribeiregos do Mediterráneo, e chega a 1.600 euros para actividades no resto do mundo. As axudas incrementan a súa contía a respecto da última convocatoria.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Mediterráneo, Europa

Claves

Conceptos