Catro nomes reparten as axudas para asistir a feiras do sector do libro

Nuria Díaz Berride, Yolanda Castaño, Anxo Fariña e Jano son as persoas beneficiadas

2/10/2019 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
Só catro autores e autoras acudirán este ano a feiras e festivais internacionais do sector do libro co apoio da Xunta. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da liña de axudas para que persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras participen neste tipo de eventos ao longo de 2019.
A resolución establece que a ilustradora Nuria Díaz Berride recibirá 600 euros para asistir á Feira do Libro de Boloña, mentres o seu colega Jano (Alejandro Viñuela) achegarase á Bienal de Bratislava cunha axuda da mesma contía. Pola banda literaria, Anxo Fariña é o autor máis beneficiado ao recibir unha subvención de 1.500 euros para participar na Feria Internacional do Libro de Lima mentres Yolanda Castaño contará con 600 para apoiar a súa participación no Ó Bhéal Winter Warmer Poetry Festival de Cork, en Irlanda.

As subvencións concedidas supoñen só 3.300 euros do orzamento total de 30.000 co que se presentou esta liña de axudas.

Universo culturagalega.gal