Na última semana o Diario Oficial de Galicia está a recoller toda unha baterÃa das principais convocatorias que cada ano apoian a edición en galego. Por unha banda, a Xunta fixo públicas o pasado xoves 5 de xaneiro as axudas á tradución, que manteñen a contÃa dos últimos anos e fican en 200.000 euros. A convocatoria, aberta ata o vindeiro 9 de febreiro, cobre con 120.000 euros a tradución dende outras linguas ao galego e con 80.000 a traslación a outros idiomas de traballos na nosa lingua. Destes fondos, 90.000 van a cargo dos orzamentos de 2017 e 110.000 a cargo dos de 2018.
No mesmo dÃa, o DOG facÃa pública tamén a convocatoria para a dotación de novidades editoriais en galego en formato fÃsico destinada a bibliotecas e axencia de lectura locais, que teñen un mes para facer as súas solicitudes. Pola mesma, destinaranse a esta finalidade 200.000 euros, tal e como recollÃa o proxecto de orzamentos para 2017. Como novidade, este ano as editoras disporán dunha plataforma electrónica na que informar das súas novidades para axilizar o proceso de adquisición por parte dos centros de lectura.
Pola súa banda, o DOG de hoxe recolle unha nova convocatoria, nesta ocasión orientada á "mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia". A mesma supón un incremento dos fondos que se destinaban a esta fin no proxecto de orzamentos que se presentou no Parlamento o pasado mes de decembro. En concreto, a partida pasa dos 197.000 euros destinados a investimentos en bibliotecas para entidades locais a 350.000. Os concellos interesados dispoñen dun mes, a partir de hoxe, para facer as súas solicitudes.