O Diario Oficial de Galicia recolle este 16 de xaneiro a convocatoria das axudas á "tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas". Esta liña de subvencións mantén, ao igual que na última década, uns fondos de 200.000 euros que se distribuirán entre as editoras beneficiarias.
As bases, como na anterior xeira, permiten presentar un máximo de 15 obras por empresa e concederán un máximo de 5 axudas e 6.000 euros por editorial. Mantense tamén o tope de 5 obras traducidas por unha mesma persoa para cada editora.