O Diario Oficial de Galicia publica este 22 de xuño a convocatoria de axudas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas. A cumprir dez anos co mesmo orzamento de 200.000 euros, esta liña de subvencións incorpora no entanto novidades nesta xeira.
Deste xeito, as bases establecen que no caso de haber varias solicitudes para traducir unha mesma obra, só se apoiará a que obteña máis puntos no baremo establecido e, en caso de empate, a primeira que se presente. Na última edición o único criterio de selección era a orde de presentación.
Ademais, non se admitirán proxectos que presenten contratos de tradución con persoas xurÃdicas, e establécese un novo lÃmite de cinco obras traducidas por unha mesma persoa para cada editora.
Como viña sendo habitual, cada empresa editorial poderá presentar solicitude para a tradución dun máximo de 15 obras, que deberán ser a primeira vez que se traducen ou traballos dos que teñan transcorrido máis de 20 anos desde a anterior versión. O importe máximo da subvención por tÃtulo é de 6.000 euros.