
No argumentario que defende esta lista de premiados, dise de Tosar que "é un dos actores máis sólidos e versátiles do cine español. Capaz de transitar con naturalidade entre o drama, o thriller, a comedia ou o cine de autor, construÃu unha filmografÃa marcada por personaxes intensos, complexos e memorables, interpretados con forza emocional e rigor técnico". Sinalan tamén, entre o palmarés conseguido polo intérprete na súa carreira os seus tres Premios Goya, dous como Actor Principal en 2010 por 'Celda 211' e en 2004 por 'Te doy mis ojos', e como Actor de Reparto en 2003 por 'Los lunes al sol'. A lista de premiados inclúe figuras coñecidas da música, as artes e outras disciplinas, como Cristina Rosenvige, Estrella Morente, a cineasta Alauda Ruiz de Azúa ou o dj e produtor de música electrónica Óscar Mulero entre outros.



