O Hematocrítico recibe de xeito póstumo unha Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes

O actor Luís Zahera, o deseñador Modesto Lomba e a cineasta Patricia Ferreira tamén foron recoñecidos polo Goberno de España

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Hematocrítico recibe de xeito póstumo unha Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes

O Consello de Ministros do Goberno de España aprobaba este 9 de xaneiro a concesión a 37 persoas de institucións das Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes correspondentes a 2023. Na listaxe destaca o nome do coruñés Miguel Ángel López González O Hematocrítico, que recibe o galardón de xeito póstumo en recoñecemento ao seu labor como autor de literatura infantil e xuvenil, divulgador e comunicador.

Canda a el, recibiu esta medalla de xeito póstumo a directora de cinema de orixe galega Patricia Ferreira, falecida no final de 2023 e moi vinculada ao sector audiovisual galego.

Tamén están presentes na listaxe de galardóns o actor Luís Zahera, de quen se destacan os seus dous premios Goya e a súa ampla carreira cinematográfica, e mais Modesto Lomba, a quen se lle recoñece o seu labor no deseño de moda e mais na elaboración de vestiarios para espectáculos de danza e teatro.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Ouro, Cine, Patricia Ferreira...