O Goberno concede a Antón Reixa a Medalla de Ouro das Belas Artes

O vigués ve recoñecida a súa multidisciplinar traxectoria neste galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteMúsicaAudiovisualLiteratura
Compartir:
Antón Reixa no programa 'Galicia, cruce de miradas' (2007)

Antón Reixa no programa 'Galicia, cruce de miradas' (2007)

O Goberno do Estado acordou conceder a Antón Reixa unha das 31 Medallas de Ouro ao mérito na Belas Artes deste ano. O Consello de Ministros reunido onte aprobou a proposta de nomes levada polo Ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, para estas condecoracións e entre as 31 personalidades distinguidas está o creador galego. O galardón distingue ás persoas e entidades que destacaran no eido da creación artística e cultural ou prestaran notorios servicios no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e a cultura ou na conservación do patrimonio artístico. O artista galego ve recoñecidos os méritos da súa múltiple actividade artística ao longo da súa traxectoria, como escritor, músico, poeta, guionista, produtor e director de cine. Na súa resolución o Consello de Ministros, enumera as múltiples facetas de Antón Reixa (Vigo, 1957), destacado o seu liderado da banda 'Os Resentidos' (que o Goberno dá por desaparecida en 1994, malia ter sacado un disco neste 2021). Tamén destaca a creación e dirección da serie 'Mareas vivas', que se considera un dos fitos televisivos na canle TVG. A resolución considera a longametraxe 'El lápiz del carpintero', baseada na novela de Manuel Rivas, é o proxecto máis ambicioso de Reixa ata o momento.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Reixa, Ouro, Belas Artes, Manuel Rivas...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares