Cando o galego era lingua de combate

O CCG presenta unha ferramenta para explorar os textos galegos da primeira metade do XIX

| Santiago. Redacción | Seccións: ComunicaciónHistoriaLingua
Compartir:
Cando o galego era lingua de combate

Aínda que se asocia a lingua galega no século XIX coa lírica e o Rexurdimento, houbo un tempo no que o galego foi empregado como instrumento nas loitas políticas da turbulenta primeira metade do século XIX. O Consello da Cultura Galega presentou a semana pasada a versión dixital de "Papés d'emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846" un proxecto que naceu como unha iniciativa editorial que en tres volumes recuperou 105 testemuñas escritas do uso do galego, tanto manuscritas como impresas. coa edición dos profesores Ramón Mariño Paz e Damián Suárez, a nova web facilita un acceso moi rápido e comprensivo aos documentos. Moitos deles corresponden a unha temática dos debates políticos entre liberais e absolutistas en relación aos conflitos da época, entre a invasión napoleónica e os seguintes réximes políticos. Segundo Manuel Gago, coordinador do desenvolvemento do proxecto, "as novas ferramentas permiten un pre-análise dos documentos que permite comprender a súa distribución cronolóxica, o seu ámbito temático e, en suma, explorar de miles de formas posibles este material documental". Para Gago, os Papés d'emprenta condenada son o punto de partida dunha nova xeración de produtos do CCG que "farán unha explotación máis intensiva das capacidades de cálculo e análise sobre os materiais documentais".

Que che parece esta nova?
184 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Mariño, Ramón Mariño Paz, Manuel Gago, Documentais...