69 novos textos para alumear os inicios do galego culto

Publícase o último libro da triloxía Papés d'emprenta condenada que recuperou o galego de principios do XIX

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cuberta do libro

Cuberta do libro

A lectura do libro Papés d'emprenta condenada (III) Novos textos, reflexións finais presentado onte polo CCG é coma unha viaxe no tempo cara o momento no que a lingua galega superou o ámbito do popular e comezou a entrar no xornalismo, no debate político e na creación literaria. "O contexto para estes textos é o desmantelamento do Antigo Réxime. Aí é onde xorde a lingua galega na prensa, como un instrumento útil para a loita partidista entre absolutistas e liberais", explicou Ramón Mariño Paz, catedrático de Filoloxía da USC aludindo ao marco temporal (1796-1846) no que se insiren os textos publicados. Canda Damián Suárez Vázquez, editaron un conxunto de materiais impresos e manuscritos, dos cales 12 son textos novos, que dan conta deses incipientes usos do galego. Este é o terceiro volume que pecha unha triloxía comezada en 2008 con Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 e que supuxo "69 novos textos para o período, descoñecidos a finais da década dos 80". Como curiosidade, Mariño Paz destacou que 22 do total de 105 textos foron publicados fóra de Galicia, en xornais de Madrid ou Sevilla, precisamente ao albor das numerosas contendas e axitacións políticas da primeira metade do século XIX. O libro pódese descargar de balde no web do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, USC, Ramón Mariño Paz, Ramón Mariño...