Unha ollada á alba do galego

Publícase na rede Papés d’emprenta condenada (II)

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Papés d’emprenta condenada (II)

Papés d’emprenta condenada (II)

Unha análise sobre o emprego do galego nos medios de comunicación a comezos do século XIX. O Consello da Cultura acaba de publicar no seu web Papés d’emprenta condenada (II), un volume que reflexiona sobre os primeiros textos escritos na nosa lingua que chegaron á prensa. Historia, filoloxía e comunicación danse cita no volume, que achega ademais novos textos ata o de agora descoñecidos. A obra está dispoñible para a súa libre descarga no web do Consello.

Entre outros artigos pódense atopar textos como Galicia entre dúas revolucións (1789-1808). Pensamento e cultura de Xosé R. Barreiro Fernández,A literatura galega anterior ao Rexurdimentoou Achegamento ao perfil lingüístico dos autores dos inicios da Idade Contemporánea de Rosario Álvarez entre outros. Entre os novos textos atopamos A carta do cura de Esmelle de 1827 ou Carta dun liberal galego no voceiro do progresismo español.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Rosario Álvarez, Rexurdimento, Literatura...