Un simposio analizará a lingua e a comunicación do comezo da Idade Contemporánea

O Consello da Cultura e o Instituto da Lingua Galega coordinan o encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea é o título do simposio que organizan o Consello da Cultura Galega e mais o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago. O encontro desenvolverase entre 3 e o 11 de novembro no Consello da Cultura Galega e mais nas Facultades de Ciencias da Comunicación e de Filoloxía. Con este simposio, as dúas institucións queren analizar a lingua e o contexto dos materiais publicados na obra Papés d´emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 que publicara o Consello da Cultura e que recolle algúns dos primeiros textos modernos coñecidos en galego.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Instituto da Lingua Galega, Consello da Cultura Galega