Un volume compila os textos en lingua galega anteriores a 1850

Supón a documentación máis exhaustiva sobre o período pregaleguista

10/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
28 lecturas | Compartido 0 veces

“É unha presentación especial porque se trata dunha publicación singular” dixo Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega da obra Papés d´emprenta Condenada. É o volume que recolle os textos publicados en galego entre 1797 e 1846 que sirve de documentación do período pregaleguista. Ramón Mariño Paz, editor da publicación, explicaba que este traballo iniciado en 2002 ten utilidade para coñecer a historia da lingua e literatura galegas, a historia da prensa, e serve para o coñecemento da historia de Galicia. Ademais de compilar os textos orixinais, a publicación incorpora textos, fichas notas e notas introdutorias de cada un dos preto de setenta escritos.

Universo culturagalega.gal

15/09/2008

Papeis condenados

Un volume recupera os textos publicados en lingua galega do pregaleguismo