Os papés d'emprenta condenada

O CCG presenta un volume de investigación sobre os primeiros escritos en galego do XIX

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Os papés d'emprenta condenada

No 2008 o CCG publicou un primeiro volume de Os papés d'emprenta condenada, unha importante recompilación de textos en galego escritos a principios do XIX, nos que se podían rastrexar, a máis de textos literarios, os primeiros artigos para medios de comunicación. Onte o CCG presentou o segundo dos volumes, que comprende unha serie de artigos para comprender os inicios da prensa e da escrita en galego no XIX, pero que amplía máis alá do xornalismo estes primeiros papés. Continúan a aparecer cousas chamativas, como esta Carta do Cura de Esmelle, unha sátira en verso que revela as disputas entre un cura do rural ferrolán e un comisario da guerra, tamén ferrano.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Papeis condenados

Papeis condenados

Un volume recupera os textos publicados en lingua galega do pregaleguismo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Xornalismo, Guerra, Consello da Cultura Galega