O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da convocatoria de axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas. O orzamento dedicado nesta liña pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade será de 200.000 euros por noveno ano consecutivo desde 2013. O pasado ano a resolución outorgou o 100% deste orzamento, beneficiando a un total de 33 editoras graza ao apoio a 132 proxectos. A partida dedicada aínda está lonxe dos 300.000 euros dos que está liña de axudas dispuña no ano 2010, que sufriu logo unha forte rebaixa case ata a metade para estabilizarse nesta contía actual desde 2013, con diferentes resultados de execución.