Case cen obras de vinte editoriais acadan axudas á tradución

Serán 24 as obras que pasen do orixinal en galego a outras linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: LinguaLiteraturaPolíticas Culturais
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das axudas para o libro galego convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo para a tradución a outras linguas de obras publicadas orixinalmente en galego e para a tradución ao galego de obras publicadas orixinalmente noutras linguas, así como para a súa edición, da que este ano son beneficiarias un total de 94 obras.
Cun investimento de 200.000 euros, destas 94 publicacións a Xunta de Galicia facilitará, por unha parte, a difusión e tradución ao galego dun total de 70 que estaban publicadas orixinalmente noutras linguas. Para as restantes 24 obras beneficiarias facilitarase a súa tradución a linguas como o castelán, italiano, francés, portugués, inglés e alemán. A convocatoria de axudas deste ano permitirá ao Goberno autonómico colaborar con máis de 20 editoriais galegas que editarán estas obras beneficiarias.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Portugués, Turismo, Xunta de Galicia...