O Diario Oficial de Galicia de onte recollÃa a convocatoria das axudas que outorga a ConsellarÃa de Cultura para traducir obras desde e para o galego. Ao igual que no pasado ano, esta liña conta cun orzamento de 200.000 euros, dos cales 120.000 cubrirán versións en galego de obras publicadas orixinalmente noutras linguas e os outros 80.000 apoiarán a tradución de obras escritas orixinalmente en galego.
En paralelo, o mesmo DOG recolle a convocatoria das axudas "para a dotación de novidades editoriais
en galego en formato fÃsico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia". Esta liña ve un incremento de 100.000 euros, dos cales a metade engádense aos fondos destinados á mellora das coleccións bibliográficas, que acadan asà 400.000. Con outros 50.000 a maiores, un total de 250.000, estas axudas cubrirán a adquisición de novidades editoriais. O prazo para solicitar estas subvencións é dun mes a partir do dÃa de hoxe.