A Xunta convoca as axudas á tradución literaria

O goberno mantén sen variación o mesmo orzamento que nos anteriores anos

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaPolíticas Culturais
Compartir:

A Consellería de Cultura e Educación destina un ano máis a mesma contía de 200.000 euros a promover a tradución de obras en galego a outros idiomas e de obras escritas orxinariamente en galego para outras linguas. A convocatoria de subvencións bianual 2018/19, publicouse hoxe no Diario Oficial de Galicia. As editoriais teñen de prazo ata o próximo 22 de xaneiro para a presentación de solicitudes. Dos 200.000 euros de orzamento se destinan 120.000 euros á tradución desde outras linguas para o galego e os 80.000 euros restantes, para a tradución desde o galego para outras linguas. A contía máxima por páxina fíxase en 20 euros.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Educación, Consellería de Cultura, Lingua galega