A Fundación Gaiás nace cunha achega total de 23 millóns de euros

O 51% do capital provén de quince das principais empresas galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O padroado da Fundación Gaiás celebrou esta mañá a súa reunión constitutiva coa que arrinca unha vez pechado o proceso de elaboración do proxecto cultural e os plans directores para cada centro. Con este novo órgano de xestión incorpórase o apoio privado ao proxecto en forma de 11.750.000 euros achegados polas 15 empresas deste padroado. No novo modelo de xestión da Cidade da Cultura coexistirán dúas fundacións, a nova Fundación Gaiás coa actual Fundación Cidade da Cultura de Galicia, encargada de asegurar o investimento público realizado. O obxectivo da nova Fundación é incentivar o financiamento externo e a participación de entidades privadas, así como facilitar unha xestión eficiente. O novo ente encargarase de desenvolver os plans directores do Centro de Arte Internacional, o Museo dos Nenos e o Escenario Obradoiro. Ademais xestionará parte das actividades transversais da Cidade da Cultura: a xestión de marca, que implica o merchandising e dereitos de imaxe; a xestión de espazos comerciais, as tendas dos museos e os locais de hostelaría; a xestión de espazos para a realización de actividades culturais; e os servizos complementarios, entre outras.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Museos, Cidade da Cultura de Galicia, Obradoiro

Claves

Conceptos
Lugares