Unha nova fundación xestionará parte da Cidade da Cultura

A entidade contará cun 51% de fondos privados

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Unha nova fundación "complementará" o traballo da Fundación Cidade da Cultura. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño e mais a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, presentaban esta mañá o novo modelo de xestión para este complexo, no que se contempla a creación dunha nova fundación que contará cun 51% de investimento privado. A actual entidade que xestiona o complexo achegará o outro 49% ata totalizar os 25 millóns de euros que se anunciaron coma achega inicial. Malia a estas proporcións, a Xunta asegura que a totalidade dos activos serán de titulariedade pública. A nova fundación centrarase en "xestionar as actividades transversais da Cidade da Cultura", e terá "unha especial atención ao desenvolvemento dos proxectos do Centro de Arte Internacional,Museo de Nenos e Escenario Obradoiro". Segundo explica o comunicado da Xunta, esta proposta de xestión non supón unha mudanza nos usos xa anunciados para o proxecto.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Pérez Touriño, Ánxela Bugallo, Obradoiro, Cidade da Cultura de Galicia