A Fundación Gaiás non ten xerente nin plan de actividades

O novo presidente solicitou unhas semanas para coñecer a situación exacta do complexo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Foi en decembro de 2008 cando Emilio Pérez Touriño anunciou, á saída dun Consello da Xunta, que nun prazo de semanas se constituiría a Fundación Gaiás. De carácter semipúblico, contaría cun capital de 25 millóns (12,5 achegados desde o erario público e outros tantos desde o lado privado) e estaría presidida por Juan Manuel Urgoiti. Pois ben, Xornal de Galicia denuncia hoxe que a entidade segue sen xerente e nin tan sequera chegou a inscribirse no rexistro mercantil. A fundación naceu para xestionar as actividades da Cidade da Cultura que teñen carácter comercial (o Centro Internacional de Arte, o Museo de Nenos e Nenas e o Espazo Obradoiro). Agora ben, a entidade insírese agora nun novo contexto, logo do cambio electoral. O presidente Núñez Feijoo solicitou unhas semanas para coñecer a situación exacta do complexo e comezar a tomar decisións.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Emilio Pérez Touriño, Obradoiro, Cidade da Cultura de Galicia