Alberto Núñez Feijoo: “Queremos facer unha cidade xacobea da cultura, aberta o mundo”

É a primeira vez que o novo presidente da Xunta fai referencia á Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Na súa primeira alusión á Cidade da Cultura, o novo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo pediu tempo. Exactamente “unhas semanas para ver o que custa e o que queremos facer”, explicou no Consello da Xunta ante a pregunta dos xornalistas. Unha vez que remate a revisión dos orzamentos, Feijoo aclarou que o seguinte chanzo pasa por abrir a cidade a todo o mundo. “Queremos facer unha cidade xacobea da cultura, aberta o mundo” aludiu, ao tempo que xustificou a elección de Roberto Varela como conselleiro para levar adiante ese cometido.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Xunta de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia