Nova política cultural

Achegámonos á figura de Roberto Varela, o conselleiro de Cultura e Turismo

É o conselleiro menos coñecido do novo goberno de Alberto Núñez Feijóo, Roberto Varela Fariña (Meaño, 1959) chega de Nova York para facerse cargo da política cultural da Xunta de Galicia. Un departamento que incorpora ás súas competencias todo o relativo a turismo. Estudou Filosofía en Barcelona desde onde se trasladou a París para estudar Relacións Internacionais. Entrou, por oposición, no corpo diplomático onde estivo en Bonn, Kuwait e Nova York. Nestes últimos lugares desenvolveu unha intensa actividade cultural. Nese sentido, no seu currículo destaca unha ampla experiencia no deseño de programación cultural en colaboración con entidades como o MOMA, Metropolitan Museum, Lincoln Center, Carnegie Hall. Un perfil que se axusta á intención, declarada en varias ocasións polo presidente Feijóo, de darlle un carácter internacional ao Xacobeo 2010, e á Cidade da Cultura

Perfil biográfico (fonte: Xunta)

CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO: Roberto Varela Fariña
Nacido no ano 1959. É licenciado en Filosofía pola Universidad de Barcelona; licenciado en Relacións Internacionais por I.L.E.R.I. (PARIS) e diplomático dende o ano 1989.
- Ano 1990. Ingresa no Servicio Activo no Ministerio de Asuntos Exteriores como Xefe de Area de Relacións Económicas con Iberoamérica, dentro da Dirección Xeral de Relacións Económicas Internacionais;
- Ano 1.994. Nomeado por concurso como Conselleiro da Embaixada de España en Bonn, encargado de Política Interior de Alemania.
- Ano 1999. Ocupa a Segunda Xefatura da Embaixada de España en Kuwait, encargado de asuntos políticos, consulares e culturais.
- Ano 2001. Nomeado Subdirector Xeral de Cooperación e Promoción Cultural Exterior na Dirección Xeral de Relacións Culturais e Cientificas.
- Ano 2004. Consul de España en Nueva York. Encargado dos Asuntos Culturais. Relacións coa Universidade e Institucions Educativas Norteamericanas; colaboracions con Institucions artísticas e Culturais: MoMA, Metropolitan Museum, Lincoln Center, Carnegie Hall; diseño de programas para a promoción cultural das Comunidades Autónomas e; elaboración e execución do Programa Cultural do Consulado Xeral de España en Nueva York.