Roberto Varela aposta pola colaboración privada para o Xacobeo 2010

O conselleiro de Cultura compareceu no Parlamento a petición propia

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Implicar á cidadanía e, sobre todo ao eido privado. Esta foi a mensaxe que lanzou no Parlamento Roberto Varela, conselleiro de Cultura, para explicar as liñas do Xacobeo. O conselleiro apuntou que ata o momento se recadaron 6 millóns de euros, cifra que se incrementará nos vindeiros meses. Varela apuntou que chegaron preto de 700 propostas que está a estudar a Comisión de Avaliación de Proxectos do Xacobeo. En canto aos criterios, Roberto Varela avogou pola “austeridade e rigor cultural, fronte ás políticas culturais dilapidadoras do erario público e baseadas en criterios subxectivos”. Nese sentido, aclarou que só se primarán aqueles proxectos viables “desde un punto de vista orzamentario, técnico e de producción”. Entre as iniciativas que se desenvolverán no Ano Santo está unha nova edición de “Contos do camiño” para achegar aos nenos o patrimonio cultural das rutas xacobeas con obradoiros artísticos e de animación á lectura. A diferencia, é que nesta ocasión, o programa terá carácter internacional e chegará ao resto do Estado, Portugal e Francia.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Turismo, turismo e cultura

Turismo, turismo e cultura

Roberto Varela anuncia a Lei de Bibliotecas ao tempo que revisará a de Patrimonio e Turismo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Animación, Contos, Portugal...

Claves

Protagonistas
Lugares