Dous meses despois de tomar posesión no seu cargo, Roberto Varela, conselleiro de Cultura, acudiu ao Parlamento para bosquexar as liñas do seu goberno. A súa intervención foi moito máis concreta e definida no ámbito do turismo que no da cultura, onde apuntou cambios na xestión das subvencións, no patrimonio e onde as directrices para a Agadic e a Cidade da Cultura quedaron moi diluÃdas.
Un novo deseño na xestión de todas as subvencións que faga un seguimento exhaustivo das axudas concedidas desde a solicitude ata a xustificación pasando pola execución; a reforma da Lei do Patrimonio, a posta en marcha dun plan de recuperación da arquitectura industrial e racionalistaÂ… estas son algunhas das medidas anunciadas por Roberto Varela. Todas elas están encamiñadas a achegar unha imaxe de Galicia “moderna e innovadora” pero sen esquecer que estamos nun momento de crise. Por iso, na súa estrea no Parlamento, Roberto Varela apuntou en repetidas ocasións a necesidade da “austeridade e transparencia”, ademais de anunciar que se fará unha polÃtica racional da cultura galega.
O patrimonio cultural
Roberto Varela comezou apuntando o rico patrimonio histórico e monumental que hai na cultura galega e estableceu tres eixes de actuación: protección, conservación e difusión. Sen embargo, as diferentes medidas que esbozou poñen o énfase nas dúas primeiras liñas de traballo. Do anunciado destaca a reforma da Lei do Patrimonio e o seu posterior desenvolvemento regulamentario que permite, en palabras do conselleiro, “un novo marco normativo adaptado ás nosas posibilidades”. Considerou prioritario a recuperación dos camiños de Santiago, comezando polo francés, para o que xa existen estudos previos; seguido dos outros trazados.
Ademais, apuntou que o Centro de Investigación do Patrimonio, situado fisicamente na Cidade da Cultura, exercerá de centro coordinador dos catro centros da rede galega de patrimonio arqueolóxico: O Parque Rupestre de Campo Lameiro, o da Cultura Castrexa en Ourense, o da Cultura Romana en Lugo e o Megalitismo na Coruña. Roberto Varela apuntou que se poderá “acceder en tempo real ás escavacións, asà como establecer intercambios con institucións arqueolóxicas de todo o mundo”.
Por último, ao tempo que apuntaba a necesidade de continuar cos plans de conservación do patrimonio arquitectónico (catedrais, mosteiros, fortalezas, eclesiástico, pontes, pazos…) anunciou a posta en marcha dun de arquitectura industrial e racionalista.
Promoción e difusión da cultura
Para Roberto Varela existe unha desproporción entre o apoio á produción e á difusión, e considera que é prioritario converter a Galicia como un referente “atractivo” para o lecer e o turismo. Por iso, destacou a necesidade do “intercambio”: entre o rural e a cidade e entre Galicia e as correntes internacionais. Para iso, “resulta esencial un programa que impulse aos galegos que están a traballar no ámbito internacional”. Canda iso, propón axudas a concellos e asociacións culturais para desenvolver tanto programas de actuación como para mellorar os seus equipamentos.
En canto ao libro, volveu repetir a proposta de converter o 2010 como o ano da lectura en Galicia, co obxectivo de mellorar os Ãndices da lectura da comunidade (neste indicador, os galegos somos penúltimos no Estado, despois de mellorar en tres puntos en 2007 con respecto ao ano anterior), asà como continuar o desenvolvemento regulamentario da lei do libro. Canda isto, prometeu apoio os libreiros que, na súa opinión, “son os que achegan os libros realmente aos potenciais lectores”. En canto a medidas concretas, prometeu como obxectivo a longo prazo que en todas as cidades de máis de 75.000 habitantes exista unha biblioteca estatal. Unha promesa que só se pode referir ao caso de Ferrol, xa que as catro capitais de provincia e Vigo xa teñen a súa (no caso olÃvico xa está comprometido).
A Biblioteca de Galicia (perde a etiqueta de Biblioteca Nacional), situada na Cidade da Cultura, abrirá as súas portas no 2010, ano no que se espera tamén que haxa unha nova lei para este tipo de entidades.
“Non importa o número de producións, importa o ámbito da creación e a difusión” apuntou con respecto ao audiovisual. Non precisou a situación da Axencia Audiovisual Galega, nin ao CGAI, nin ás directrices a seguir neste sector. Iso sÃ, apuntou que o” “cine galego ha de reconciliarse co seu público”.
Non fixo mención á Agadic, pero si fixo un repaso polas súas unidades de produción. Do Centro Dramático Galego dixo que “traballaremos en prol dunha produción propia”, ao tempo que fará que o Salón Teatro sexa un referente das novas linguaxes escénicas. Do Centro Coreográfico Galego especificou que “ha de ser un recurso público ao servizo do cidadán, cuxos principios reitores han de ser a participación cidadá, defensa da diversidade da cultural e da tradición, con sitio para a creación contemporánea e a innovación”.
Por último, do Centro Galego de Arte Contemporánea volveu anunciar o futuro concurso público para escoller o director.
O turismo
“A aposta deste goberno quedou plasmada desde o primeiro dÃa dándolle ao Turismo o rango de SecretarÃa Xeral nunha consellarÃa compartida con Cultura” apuntou Roberto Varela. E os obxectivos son moi claros: incrementar o peso do turismo no PIB facendo, inicialmente que o Xacobeo sexa un revulsivo para a economÃa do paÃs; aumentar a estadÃa dos turistas (cunha aposta forte en cada zona para crear subdestinos para que prolongue a visita dos turistas); consolidar o mercado laboral turÃstico aumentando o peso dos recursos humanos e a súa cualificación; incrementar o número de turistas; reforzar as actividades de Turgalicia e aumentar o gasto por persoa e dÃa (que caeu no último 2005-2008 caeu de 77 a 73 euros).
Para todo isto está a desenvolver un debate sobre o Estado do Turismo. Unha serie de encontros sectoriais do que sairán as bases estratéxicas de cara os vindeiros anos. Ademais, revisará a Lei de Turismo de decembro de 2008 para adaptala á directiva europea. E a busca de novos produtos turÃsticos como o literario, etnoturismo, o da moda ou mariñeiroÂ…. Pero, sobre todo Xacobeo. “Hase de crear unha comisión transversal para a organización do Xacobeo que atenda a turismo, sanidade, protección civil, xuventude,…” apuntou Roberto Varela.
O Xacobeo 2010 é o eixe principal da ConsellarÃa. Da banda do patrimonio, para a recuperación dos trazados e monumentos, ao que, da parte do turismo han de xestionar e explotar para atraer máis visitantes. E nese camiño están os esforzos postos, que se concretan nas xuntanzas que tiveron coas numerosas entidades que están relacionados con el (desde asociación de amigos ata o Consello Xacobeo). O Plan de mercadotecnia para explotar o vindeiro Ano Santo entrará no Parlamento en breve, malia que a programación non se presentará ata outubro. “É todo un reto” apuntou Roberto Varela ao tempo que repite que “é a nosa carta de presentación no mundo”.