O proxecto As pegadas do baile facilita a aprendizaxe de coreografías tradicionais

O Culturgal acolle a estrea desta proposta de Artur Puga o vindeiro 30 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: DanzaEstreas
Compartir:
Presentación de As pegadas do baile en Pontevedra. Fonte: Culturgal

Presentación de As pegadas do baile en Pontevedra. Fonte: Culturgal

Un lenzo no chan con pegadas numeradas a indicar os movementos dos diferentes bailes tradicionais galegos. Co nome de As pegadas do baile, esta é a nova proposta de Artur Puga para facilitar o ensino deste patrimonio inmaterial. O vindeiro día 30 de novembro, o Culturgal acolle a presentación deste proxecto no marco do encontro Ven e baila, dedicado a este legado.

Segundo explicaba Puga na presentación da feira, o proxecto pretende levarse por concellos, centros educativos e outros espazos nos que se poidan instalar estes esquemas. As Tanxugueiras preséntanse como embaixadoras deste proxecto que, está dispoñible para todo o público que asista ao Culturagal durante toda a duración do evento. A proposta de Puga súmase a múltiples iniciativas que apostan nos últimos anos por novas canles para difundir o baile tradicional.

Que che parece esta nova?
163 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Ensino, Feira, Tanxugueiras...