Unha marca de 225 actividades, da man de 750 artistas, compoñen o programa da décima oitava xeira de Culturgal, que se celebra en Pontevedra entre os vindeiros 28 e 30 de novembro. A Asociación Culturgal, responsable da organización do evento presentaba na mañá deste 30 de Outubro a nova edición, que coincide cunha importante mudanza na composición desta entidade.
Deste xeito, só dúas das entidades que ata 2024 facÃan parte da Asociación Culturgal continúan no colectivo. Trátase da Asociación Galega de Editores e da de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas TecnoloxÃas (Eganet). Súmanse á entidade a Asociación Punto Gal e EspazoCoop , e causan baixa a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, a Asociación Galega de Empresas Musicais e a Asociación Galega de Produtoras Independentes.
VÃctor López, presidente da entidade, destacou na presentación as incorporacións ao proxecto e apuntou que esta "será a edición máis grande e ambiciosa. Un evento onde se estrean espectáculos e proxectos que verán a luz en 2026, e que serve de plataforma". Camilo Franco continúa como director da feira.
Na actividades previstas na feira, que se celebra co lema Culturas galegas, destacan os concertos de inauguración e feche, a cargo de UxÃa e Óscar Ibáñez, respectivamente. A organización tamén apunta que o evento acollerá a presentación do retorno de MagÃn Blanco á música para público adulto cun recital e mais a presentación do libro Percorrido.
A nivel escénico, un espectáculo creado en exclusiva por Xosé Antonio Touriñán para o evento e un ciclo de narración oral "no que profesionais da dirección, da realización e guionistas explicarán os seus próximos proxectos como se dun conto se tratase" preséntanse como principais novidades da cita. A isto súmanse adiantos dos vindeiros traballos de compañÃas como O Centro Dramático Galego, Chévere, TalÃa Teatro, Bengala Teatro ou Morra o Conto.
No ámbito literario, unha lectura colectiva de fragmentos da obra de Begoña Caamaño adiantará a homenaxe que a autora recibirá no DÃa das Letras de 2026. Manuel Rivas, Suso de Toro ou a escritora vasca Oihane Amantegui, entre outras, fan parte do programa. A presentación da serie Pensión incompleta acompañará a proxección de varios dos tÃtulos máis recentes do cinema galego no apartado dedicado ao audiovisual.