
No mesmo sentido destacou que "se sempre é necesaria, pensamos que agora máis que nunca cultura para superar a crise, cultura para fomentar o diálogo, o respecto e a diversidade, cultura como laboratorio dun futuro mellor, cultura como punto de encontro". No acto, López estivo acompañado de Xosé Aldea, director da feira, da deputada provincial Victoria Alonso, do director da Agadic, Jacobo Sutil, e mais da concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces.
Malia a recuperar as actividades presenciais, a nova xeira manterá a aposta pola difusión en liña co desenvolvemento de Culturgal TV, unha canle que a xeito de magazine funcionará como "unha tele cultural de fin de semana", segundo explicou a organización. No calendario presencial, reservarase o venres 26 de novembro para encontros profesionais e os dÃas 27 e 28 serán abertos ao público. O prazo para que empresas, institucións e colectivos reserven os seus espazos para participar no evento está aberto ata o vindeiro 15 de setembro.